Notice: Undefined index: HTTP_ACCEPT_LANGUAGE in /home/primaveradocine/www/2015/_system/bootstrap/classes/lang.php on line 57 Colaborando co Instituto Camoes :: Festival Primavera do Cine en Vigo 2015

Instituto Camões

O Centro Cultural Português em Vigo

O Centro abriu as suas portas à cidade de Vigo em 1998. O edifício data do século XVI e constitui a construção laica mais antiga da cidade de Vigo. Para além de uma biblioteca, possui um espaço exclusivamente dedicado à realização de cursos de Língua Portuguesa.

É objetivo deste Centro levar a Cultura Portuguesa a toda a Galiza, constituindo-se como um meio privilegiado de divulgação da produção artística portuguesa contemporânea.

Pretende-se igualmente abrir esta casa aos movimentos culturais da cidade, integrando as suas iniciativas nos circuitos galegos e privilegiando sempre uma política de colaboração com as instituições galegas.

www.instituto-camoes.pt

Manoel de oliveira

O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA

Exibição especial

Dirigido por Manoel de Oliveira
Com Pilar López de Ayala, Ricardo Trêpa, Filipe Vargas
Gênero Drama
Nacionalidade França, Espanha, Portugal,Brasil

Foi o filme de abertura da secção "Un certain regard” no Festival de Cannes de 2010.

SINOPSE
Na Portugal da década de 1950, o fotógrafo Isaac (Ricardo Trêpa) vai à região do Douro para documentar antigos métodos de trabalho nas vinhas. Hospedado numa pequena pensão, ele é acordado subitamente à noite para fotografar o corpo de Angélica (Pilar López de Ayala), uma linda moça que acabara de falecer.colaboração com as instituições galegas.

XURXO CHIRRO

ENTREVISTA

Por João Ribeirete Instituto Camões

Como vai o cinema galego?
Pois o cinema galego agora mesmo está desnortado. Actualmente non hai unha política audiovisual que incentive e ilusione. Isto débese a que os responsables políticos actuais non posúen coñecementos sobre a materia e están improvisando continuamente. En política audiovisual sempre hai un retardo de tres anos e agora estamos sufrindo o 2012, o peor ano da década xa que foi onde se practicaron unha chea de recortes, especialmente nas chamadas axudas de talento. Agora volveron a convocarse mais están totalmente alteradas e manipuladas. Malia este panorama tan adverso a última xeración de creadores que se deu en denominar “Novo Cinema Galego” aínda non perdeu vixencia e seguen aparecendo filmes pequenos e fráxiles mais moi salientábeis, mais case sempre avalados polos festivais internacionais.
Qual foi o primeiro filme de Manoel de Oliveira que viste na tua vida?
Pois o primeiro filme que vin de Manoel de Oliveira foi o Acto de Primavera e despois o Aniki Bobó. Antes da chegada da TDT nas vilas fronteirizas como A Guarda mirábase moi defectuosamente os canais de televisión portugueses. Lembro que ao final pedinlle unha copia a un amigo meu das Neves xa que el alí vía mellor a televisión xa que non había atrancos físicos como o Monte Trega. Dende aquí aproveito para solicitar aos gobernos que se permita sintonizar as canles de televisión portuguesas porque se isto acontecera podería haber beneficios e intercambios culturais como os que estou a relatar.
O Pintor e a Cidade (Manoel de Oliveira, 1956): plano fixo da ponte D. Luís no Porto atravessado / cortado horizontalmente por um comboio; Une histoire seule: plano fixo de um prado atravessado / cortado horizontalmente por um avião. Qual é a tua relação com o realizador homenageado neste festival, Manoel de Oliveira?
Pois ten moita relación, non so con O pintor e a cidade senón tamén con Douro, Faina Fluvial. A idea da primeira parte de Une histoire seule era facer unha “Sinfonía da Cidade”, como as que se fixeron no tempo de entre guerras. Eu quería presentar a cidade de Xenebra, mais ou menos como a anécdota persoal na que se basea o filme, onde Aguinaldo Fructuoso me ensinou a capital suíza. Para iso nada mellor que percorrer os espazos por medio dos transportes. As máquinas observadas polas máquinas, algo moi futurista. Mentres, O pintor e a cidade inflúe na cuestión da concepción cinematográfica. Este filme de 1955 é unha bisagra na filmografía de Oliveira, pasou de seguir e recrear a realidade a que a realidade empapase o cinema. Mais ou menos Oliveira cóntao así: “o plano gaña sentido coa duración, vese os pormenores dos movementos. Disponse de tempo. Vese a luz, o encadramento o efecto emocional que evoluciona”.
Quais são, na tua opinião, os três melhores filmes de Oliveira?
Persoalmente non me gustan moito as clasificacións porque deixas moitas cousas fora. Mais de escoller pois creo que a obra mestra absoluta (e a gran descoñecida) é Amor de Perdição (1979) onde fai unha adaptación monumental da novela homónima de Castelo Branco. No filme basease nunha contradición: un esaxerado sentimento amoroso contado cos mínimos recursos e cunha exactitude narrativa. O segundo ten que ser Le soulier de satim (1984) porque nese filme Oliveira chega ao clímax nas súas procuras en perfilar a súa idea do cinema. Despois de facelo Oliveira deixarse levar. E de terceiro poría Acto de Primavera (1963). É dunha modernidade absoluta e é o filme que máis influíu no que eu fago xa que en resumidas contas consiste en evidenciar os distintos niveis cos que se pode representar unha realidade.
Como surgiu esta colaboração com Aguinaldo Fructuoso? E com a família Moreu?
Por desgraza (outros o consideran unha virtude) os meus filmes levántoos ao contrario da xente. Normalmente calquera creador comeza tendo unha idea e logo mira a forma de materializala. Porén eu contemplo as posibilidades de facer algo e posteriormente venme a idea. Eu coñecía a Aguinaldo Fructuoso que levaba emigrado en Xenebra máis de 30 anos e cando me convidou a visitalo quixemos ir a visitar a casa de Godard e cando fomos equivocámonos de vila. Sempre ríamos con esta anécdota e sempre pensábamos que sería fascinante como argumento dun filme. Mais nunca puidemos ter os recursos suficientes para facer algo máis convencional polo que artellamos un xogo de correspondencia por medio dun móbil, wetransfer e skype. Fomos facéndoa sobre a marcha e queríamos que todo o proceso se reflectise nas imaxes.

Sobre o das imaxes da familia Moreu pois eu quería materializar aquilo que dicía Manoel de Oliveira: “non pasa nada, mais pasou algunha cousa. Por exemplo as paredes que nos rodean foron testemuñas do que aconteceu”. Eu quería reflectir esta máxima, non so quería documentar a cidade no presente senón evidenciar o paso da Historia. As imaxes de Moreu pertencen a familia dunha tía miña non-sanguínea onde a nai estivo traballando todo a súa vida en Suíza, outra vez a Galicia na emigración, outra vez: Vikingland. Unha relación reforzada co aceno que supón opequeno transbordador do comezo. A muller, a nai da miña tía, gravou a cidade 20 anos antes de que Fructuoso o fixese, mais os desvíos cara o pasado son constantes: Servet, Calvino, Rousseau, Borges, Walser, Godard... Unha historia soa mais “con sendeiros que se bifurcan”.
O cineasta é um editor de imagens captadas por outros?
Uff, non. No meu caso hai unha reiteración a hora de servirme de imaxes filmadas por outros. Mais tanto en Vikingland como en Une histoire seule hai un gran respecto polas imaxes, pola súa natureza, polas súas texturas, polo seu autor, pola súa tecnoloxía, polo seu proceso de realización, polos seus defectos de conservación... Unha chea de substratos sedimentados que intento sacalos á luz proporcionando moitísima información e unha chea de lecturas. Para min un cineasta é un mediador entre a realidade que o cinema documenta e o espectador. Mais non un mediador que pretende facer un engano mostrando unha verosimilitude dunha historia senón mostrando a verdade do artificio que iso supón.