Notice: Undefined index: HTTP_ACCEPT_LANGUAGE in /home/primaveradocine/www/2015/_system/bootstrap/classes/lang.php on line 57 O Festival :: Festival Primavera do Cine en Vigo 2015

O Festival

Cine galego e Lusófono en Vigo

4ª edición

O Festival Primavera do Cine en Vigo xorde no ano 2012 debido á necesidade de crear novos canais de exhibición para filmes feitos polos profesionais do audiovisual de Galicia.
Deste modo, estes traballos chegan axeitadamente ao seu público.

Ao longo das edicións anteriores puidemos observar un aumento de interese e asistencia de público ata superar no 2014 os 2000 espectadores, así como un maior número de obras presentadas, superando xa as 200.

Un festival popular

Outra das contribucións deste festival consiste no recoñecemento do xurado popular. É a propia xente que enche as salas a que vota os premios nas diferentes categorías.

Por outra banda, o festival recibe medio cento de persoas invitadas relacionadas coa produción das obras seleccionadas a concurso.

Máis ca cine

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo a proxección de películas o epicentro de numerosos actos paralelos: festas, concertos, exposicións, xornadas de cine infantil, encontros entre público e cineastas ou debates sobre a situación do audiovisual en Galicia.

A edición 2015 ampliará a mostra - ademais das seccións habituais – á lusofonía.

EVOLUCIÓN & EXPERIeNCIA

A asociación que organiza este festival, Reencanto Producións, está composta por xente formada no audiovisual, estudantes e traballadores que coñecen os problemas polos que está a pasar un sector deliberadamente maltratado.

Reencanto Producións é unha plataforma cultural que nace en tempos de crise coa intención de crear contidos culturais para o cambio e a transformación social.

Reencanto Producións é unha proposta en positivo. É unha organización aberta, participativa e flexible. Cremos na innovación e queremos potenciar as novas propostas.