Brotar

Director: Montse Piñeiro
Ano: 2019
Duración: 3 min
Xénero: Animación
Sinopse:

Unha homenaxe ao traballo artesanal, feito dende as mans e o corazón. A través da súa protagonista, Mirta, paseamos por escenarios teatrais que se constrúen partindo de técnicas analóxicas, conseguindo así acabados orixinais e sinxelos. Montse Piñeiro toma como referencia ás súas avoas, exemplos da forza e sabiduría da experiencia, para revelar un universo máxico que nos transporta á nosa infancia.

Proxeccións:

· Martes 15 de setembro ás 22:30
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)
· Sábado 19 de setembro ás 12:00
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)