CINEMA NOS BARRIOS

O Primavera do Cine saca o cinema das salas para levalo a Coia e Teis cunha proxección ao aire libre. A elección destes dous historicos barrios obreiros está vencellada co filme a exhibir: Vigo 1972.

Este documental narra os feitos acontecidos en setembro de 1972, cando os traballadores e traballadoras viguesas foron quen, a través dunha heroica folga xeral de quince días de duración, de convertir á bisbarra de Vigo no centro de atención a nivel estatal e europeo, poñendo en xaque ao réxime franquista e contribuíndo significativamente ao desgaste e fin do mesmo.

O Festival Primavera do Cine colaborou na distribución deste filme dentro dunha política de apoio a proxectos audiovisuais comprometidos coa denuncia social e política e a defensa da memoria histórica. O documental foi nominado aos Mestre Mateo tras o seu éxito de público en salas cinematográficas de toda Galicia, demostrando a presenza dun tipo de espectador receptivo a este tipo de produto.

Filme

Vigo 1972

Venres 4 de maio / 21.30h
COIA (Avda Castelao, 50)

Sábado 5 de maio / 21.30h
TEIS (Rúa Enrique Lorenzo, 70)